Un paraíso. Unha porta. Unha esperanza.

 

e tratas de te comunicar e estás farto de seres malinterpretado, Babel é para ti. Se che gusta a arte servida con manxares exóticos, especias e unhas culleradas de licor de chocolate, Babel ofreceracha e o resto é cousa túa. Se te sentes frustrado e canso de buscar un sitio web onde sentíreste relaxado e cómodo, en vez de angustiado e alienado, benvido a Babel.

 

ueremos deixar unha cousa clara dende o principio: se es un solipsista e batiches con este sitio por erro, por favor, pásalle a información a alguén próximo a ti e volve ás túas armas, á túa cobiza e á túa falta de compaixón. Deixa que outros veñan dar unha volta en ferry-bóat polo Mersey.

 

idea dunha única lingua da que tódalas outras derivaron leva fascinado ós homes ó longo de miles de anos, por iso construímos na Rede unha revista multilingue e multicultural sobre artes e humanidades. Nas nosas páxinas poderás atopar artigos, humor e reportaxes especiais seleccionados de diversos idiomas, países e disciplinas, para formaren unha revista interactiva pensada para os apaixonados.

 

oxe, a maior parte da información vive nun ordenador, nun cuarto sen fiestras, cun discapacitado social a facer clic sobre ela e a suspirar desesperanzado mentres navega dun sitio de deportes a un de xogos ou a un porno. ¿Por que non, en vez diso, atopar nómades aventureiros en Babel e preguntar polo camiño para ir de Austria a Xordania, chapuzando polos canais de Amsterdam ou trinzando espiñosas matogueiras en África ou Adelaida?

 

ué triste e aburrido debe ser achegarse á Interrede coma a unha experiencia singular sen territorio definido, anónima, a través dunha nada electrónica chea de quincalla, asubíos, campás e un abrumador torrente de información. Nós preferimos concentrármonos na calidade, na profundidade e no alcance dos nosos contidos en vez de simplemente abafar con cantidade a unha velocidade de vertixe.

 

insomnio e a impaciencia deixámosllos a outros sitios, mentres nós nos concentramos en en mantérmo-los nosos ritmos circadianos, por non falar da nosa vista, e albergar un foro onde a discusión respectuosa e o intercambio social sexan máis importantes ca intentar mante-la esnaquizada capacidade de atención dun navegante adicto á Rede.

 

oa publicación de Babel na Rede estamos a cubrir unha necesidade a penas menos importante cá de ofrece-los libros que ocupan os postos intermedios nas listas de vendas. Hai tantos sitios web que lle dan tanta importancia á moda e ás tendencias que o rexistro do pasado e o impulso do futuro se ven esquecidos e practicamente expulsados deste medio florecente.

 

nós non nos interesa abaixarnos con apatía ante o andazo de cinismo xeneralizado. Recoñecemos que a década dos sesenta viu o comezo dun renacemento artístico sen comparanza no mundo dende hai centos de anos. A nosa intención é usármo-la tecnoloxía de hoxe para facer medrar ese renacemento, pero non pensamos adorala máis do que a unha guitarra de doce cordas.

 

cadar este antigo soño pode elevarnos sobre moitos prexuízos, pero nós non nos contentamos con te-la ousadía de vivir fóra do mundo real, así que sairemos ás galerías, ós teatros, ás óperas, ós cines, ós clubs, ós bares, ós cibercafés e ás festas privadas, e escribirémo-lo que pasou á hora de pechar para podermos analizar, observar e murmurar todo o que estamos a ver neste comezo duns novos dous mil anos.

 

amor ó mundo é parte da nosa natureza. Gozamos coñecendo e deixando pegada nos estraños; ofrecéndolles oportunidades a aqueles que nos inspiran; facendo cócteles e invitando a algúns amigos para conversar con John Woo, Peter Greenaway, Patricia Rozema, ou sobre Rimbaud, Italo Calvino, Jerry García, Kurt Cobain, ópera e cadáveres exquisitos.

 

demais de potencia-la tradición oral cos nosos chat rooms, o taboleiro de anuncios e o centro lingüístico, ofrecemos unha plétora de páxinas web con contidos en profundidade sobre estes temas, unha discusión arredor da mesa dun café marcada entre os favoritos do teu buscador vaias a onde vaias, en alemán, alemán suízo, búlgaro, castelán, checo, dinamarqués, eslovaco, finés, francés, francés suízo, galego, glosa, grego, holandés, húngaro, inglés, italiano, luxemburgués, noruegués, polaco, portugués, portugués do Brasil, romano, ruso, serbio, tagalo, turco, ucraíno, vasco …

 

inamarca, El Salvador, Inglaterra, Francia, Alemania, Hawai, Israel, Italia, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Eslovenia, España, Suíza, Países Baixos, Turquía, Ucraína, EE. UU. , Venezuela, Iugoslavia, Arxentina, Australia, Austria, Brasil, Bulgaria, Canadá, Chile…

 

hicago, Delft, Gilroy, Hollister, Horst, Kailua-Kona, Leeds, Liverpool, Ljubljana, Louisiana, Madrid, Manchester, Melbourne, Módena, Montpellier, Moscova, Mt. Waverley, Nápoles, Nova York, Oakland, Olathe, Porto, Ottawa, Pontevedra, Pórtland, Poznan, Pyatigorsk, Quebec, Ranica, Roma, Rosario, San Antonio, San Francisco, San Salvador, Santiago, Sao Paulo, Sarasota, Seattle, Corea do Sur, Suceava, St. Vincent de Tyrosse, Ste-Brigitte-de-Laval...

 

acoma, a praia de Burning Man en Nevada, The Dalles, Tokyo, Toronto, Tucson, Untersiggentha, Vanderhoof, Varna, Sao Vinhedo, Vitoria-Gasteiz, Waterloo, Woodstock, Zaporozhye, Aarhus, Ankara, Arlington, Atenas, Austin, Berlín, Beaumaris, Belgrado, Berkeley, Boston, Bozen, Bucarest, Buenos Aires, Caracas, Carlton, Cernier...

 

s asuntos do planeta serán a nosa especialidade. Construímos todo un mundo nun sitio web con miles de enlaces internacionais e distintas maneiras de te comunicares con tantas linguas como puidemos atopar. Se conseguimos ofrecerlle ó cidadán do mundo uns poucos pensamentos orixinais e unha pequena distracción das ansiedades dunha era de información incesante, sentiremos que a nosa obra está xustificada.

 

orque o mundo é o teu viscoso molusco bivalvo morador das profundidades. Noutras palabras, busca a perla que hai no seu interior, porque formas parte dos afortunados, e case tódalas constelacións do ceo están aliñadas para ofrecerche a posibilidade de que o mundo sexa un sitio mellor. ¿Máis explicacións? Isto é cousa boa. Tanto ten como o mires, estás destinado a atopa-la perla.

 

amorados, é hora de pórse firmes. ¿Canto non abonda? ¿Canta pena e pecado podes aturar antes de que o teu corazón se renda? Hai algo que parar, ralentizar ou, cando menos, amañar. Ti te-lo poder de facelo. E tamén te-lo dereito de usar ese poder. Pero poida que non téña-la vontade. Poida que penses que podes botar a perder a vida de alguén se dis que si. Poida que che preocupe a idea de que, ó afianza-la túa forza, provoques unha reacción en cadea, dándolle un fin a algo que non desexas rematar. Así que, sé sutil e amable. Pero, non obstante, sé forte.

 

ecorda que co coñecemento vén o poder. Co poder vén a responsabilidade. Coa responsabilidade vén a compaixón. Coa compaixón vén o entendemento. Co entendemento vén a información. Coa información vén o coñecemento. Porque o mellor da vida é de balde. É o segundo mellor o que custa diñeiro. O verdadeiro amor, por exemplo, non se pode mercar a ningún prezo.

 

or suposto, se en verdade o desexas, podes mercar atención, popularidade ou incluso un xesto de aparente afecto. A verdadeira satisfacción interior non ten prezo. Pero, pola cantidade adecuada, podes obter unha sensación de importancia, autoridade, respecto e pertenza. ¿Case igual de bo? Non se probáche-lo auténtico. Non é a lotería o que ti queres gañar hoxe. É a sabedoría de ver máis alá do pobre «segundo mellor».

 

xenofobia leva causadas innumerables guerras e crimes. Pero, á fin, non se trata dos mitos e das lendas venerados pola tribo, ou da cor da pel, trátase do herdo. Os costumes estraños e as deidades invisibles non son unha razón para rexeitar outras culturas; son retos para o noso coñecemento (e para a nosa comprensión das metáforas) que precisan ser asumidos. Se os membros dunha raza aceptan ós membros doutra, os seus líderes daranse conta disto e quererán traballar con eles, non contra eles. As guerras non se acabarán mentres todos nós non nos decatemos de que somos todos uns. Invita a cear ó teu inimigo.

 

eunes au coeur, unissent et succèdents. Este é o momento perfecto para poñe-la túa cabeza en orde e preparar esas vacacións que levas tempo a querer tomar. Pode que te atopes a ti mesmo na Interrede, na biblioteca ou no museo de ciencias, facendo descubertas, trazando mapas ou tomando decisións sobre o que será máis interesante para algunha investigación ou algunha ocupación a longo prazo.

 

ode incluso que descubras situacións nalgún país que creas que podes axudar a cambiar. Hoxe cambiarás algo. Ti creas os teus hoxes e podes facer algún cambio positivo ó axudarlle a un ancián ou ensinarlle algo a un neno. Practica camiñando hoxe (quizais por un bazar) para libera-lo exceso de enerxía.

 

olle ese libro que hai tempo que tes intención de ler e apaga o televisor, senta no porche e le. Pode ser divertido poñerte no lugar do heroe ou do seductor da historia. Pronto abondo o traballo che traerá de volta ó planeta Terra. Faino de contado e terás tempo logo para volverte introducir no misterio de ler ata á hora de te deitares.

 

tiliza o teu enxeño, o teu gusto e a túa intelixencia. Atopa un medio de expresión. Atopa un retiro. Pon as túas opinións sobre o papel, online, nas ondas ou envíallas ó editor. Estende a man e toca a alguén. Devolve todas esas chamadas que levas tempo pospoñendo. Escribe cartas ou envíalles tarxetas de felicitación ós teus amigos e parentes. Avanza con paso firme. Dálle-las gracias ós que te apoian. Dálle-las gracias ós que cren en ti. Préstalle máis atención ós que che queren.

 

envido a Babel. Acaba de comeza-la cura. O resto é cousa túa. Cremos no imposible. Sabes que si.
Coidádevos os uns ós outros,
Con cariño,
Malcolm Lawrence
Editor xefe.

 

¡Escríbenos!

Nome:

E-mail:

Páxina web:

¿De onde es? Fai clic sobre a túa rexión.

Babel: When was the last time a website made your heart race?

Comentarios:

 

Babel: Stone by stone...