abel. Remata-lo que deixamos empezado. Facer que a torre chegue ó firmamento para poder xogares ós dados cos Homes e Mulleres das Alturas. Os nosos proxectos de construcción son universais, así que arrinca a lingua porque non a vas precisar máis. E, xa postos, colle a túa esfarrapada bagaxe cultural, énchea de dóces e amárraa ó celestial. Isto vai ser unha festa e imos bater na piñata da cultura ata que chova. Babel fala a túa lingua. Babel trátache de igual a igual. Babel sempre pón a outra meixela. Babel prégache que méta-la man ben dentro e arrínque-los nosos corazóns; son teus. Pero Babel pide lealdade. Para se-lo noso amo, tés que se-lo noso escravo, pois sómo-los xenerais que saben demais para mandar, os soldados rasos que saben demais para obedecer. Únete ás nosas tropas. Os febles serán os nosos reis. ¿E os fortes? Eles serán os nosos bufóns. Babel convídache a espirte e moverte co ritmo universal: pedra sobre pedra nunha cadencia sen fin, ata o ceo.